viernes, 9 de diciembre de 2011

Bosques patrimonio da humanidade

De Bosques patrimonio da humanidade
Estase reducindo a taxa de deforestación e perda de bosques no planeta, esto é grazas á súa recuperación  na zona temperada. En cambio, a maioría das actuacións contra os bosques seguen dándose nas rexións tropicais. Neste albúm de fotos atoparas imaxes de paisaxes arboladas que teñen a consideración de Patrimonio da Humanidade.
A partir do explicado na presentación das paisaxes naturais:
1. Escolle cinco imaxes do albúm que representen bosques da zona cálida e temperada.
2. Describe que características os identifican como tales, segundo a fotografía.
3. Localiza nun mapamundi os países onde se atopan, e comproba co mapa dos climas a que variedade pertencen.
4. Investiga que organismo decide o que pode ser Patrimonio da Humanidade.
5. Por que deben existir medidas de protección dos bosques?

domingo, 30 de octubre de 2011

Os bosques

O tempo de outono resulta especial nos bosques de caducifolias, as follas mudan de cor e van caendo para alimentar o solo. Nas Fragas do Eume o suceso faise moi visible; as fragas son un Parque Natural protexido pola súa excepcional pervivencia do bosque atlántico nun entorno tan humanizado como as terras do golfo Artabro.